Concello de Arzúa

Ante as violencias machistas...
Que podo facer eu?

A violencia machista é unha problemática social e
está considerada como un delito público,
ante o cal toda a cidadanía temos o deber de actuar.
Con todo, moitas persoas non teñen claro ou descoñecen
os recursos aos que poder acudir para informarse ou pedir axuda.

Nesta sección procuramos outorgar unha serie de pautas básicas de actuación ante
algunhas situacións que poidamos presenciar, xunto con información
acerca de recursos que actúan fronte ás diferentes violencias machistas.

Chegoume contido sexual ou violento sen a autorización da persoa afectada.
Que fago?
Que podo facer?
Se as recibes a través de
mensaxería, racha a cadea e 
non o difundas, e faille saber a 
persoa que cho enviou que 
é un delito. 
 
Se observas algún contido sexual ou que mostre actos 
de agresión pola rede 
(internet, redes sociais…), utiliza os propios mecanismos ou formularios presentes 
nas páxinas web para comunicarlles a 
presenza destes contidos.
#PodesParalo
Se consideras que non é suficiente ou que o
contido segue presente na páxina, podes contactar
coa Axencia Española de Protección de Datos,
que dispón dun 
«Canal prioritario» para
comunicar a difusión 
ilícita de contido sensible.
Coñezo un caso de control
na parella.
Que fago?
Coñeces algunha muller nesta situación?
Se non cho verbalizou, non é recomendable confrontar…

Moitas veces quen vive unha situación así négao ou ocúltao por diversas razóns (vergoña, medo, culpabilidade, etc).

  • Fala con ela da situación, pero non lle metas presión e faille saber que estás aí
    para apoiala.
  • Escóitaa, trata de empatizar coa súa
    posición e non a xulgues.
  • Apóiaa e evita que a súa situación de illamento ou soidade poida empeorar.
  • Infórmalle dos recursos de atención e asesoramento.
Ves actitudes controladoras nun amigo ou familiar?
  • Debemos reprobar eses comportamentos e
    facerlle recoñecer as actitudes controladoras que ten.
  • Fala con el para que asuma a responsabilidade dos seus actos e as posibles consecuencias.
  • Podes falarlle de  “Abramos o círculo” un programa de atención psicolóxica especializada e de apoio e dirixido a homes que adoptan actitudes inadecuadas nas relacións de parella.
Acabo de presenciar unha agresión ou un acoso sexual na rúa.
Que fago?
Que podo facer se presencio unha agresión sexual?
  • Contacta co 112 e avisa da situación e da localización onde está a suceder.
  • Non intentes interpoñerte fisicamente, podes empeorar a situación.
  • Se a situación é moi grave, berra «lume!», reprende ó agresor para darlle a coñecer que hai persoas testemuñas da situación.
  • Grava co teu móbil, pois pode resultar útil para o atestado policial e por suposto non o difundas por redes sociais ou por
    mensaxería.
  • Se estás con ela no momento da agresión,
    lévaa a un lugar seguro e comunícalle ao
    112 a vosa localización.
Que podo facer se presencio un acoso sexual?
  • Faite pasar por un amigo ou amiga, pregunta a hora ou crea unha distracción.
  • Busca a alguén que estea nunha posición de autoridade e pídelles que interveñan.
  • Observa o que ocorre, tenta escribir ou gravar o acto de acoso para compartir o material en favor da vítima, nunca o uses nin o publiques sen o seu permiso.
  • Fala ou confronta ao agresor. Se a persoa
    que acosa responde, ignóraa.
  • Apoia e reconforta á persoa acosada tras o
    incidente.
Coñezo un caso de violencia psicolóxica na parella.
Que fago?
Que podo facer se unha muller me contou que vive esta situación?
  • Ofrécelle o teu apoio durante o proceso
    de toma de conciencia da súa situación.
  • No caso de que queira interpoñer medidas é moi valioso exercer un
    acompañamento para non vivir esa situación en soidade.
  • Infórmalle sobre a existencia de recursos de información que existen a
    súa disposición, por exemplo, o Centro de Información ás Mulleres da túa contorna.
E ante os insultos ou menosprezos dun amigo ou familiar a súa parella?
  • Dille que eses comportamentos e
    actitudes non son tolerables.
  • Aínda que procure escusas para xustificar o seu comportamento debes
    facerlle ver que el o único responsable dos seus actos.
  • Dille que busque axuda e infórmalle de programas como “Abramos o círculo”, de atención psicolóxica especializada a homes con actitudes violentas nas relacións de parella.
Coñezo un caso de acoso sexual no traballo.
Que fago?
Que podo facer?
  • Se es testemuña, tes a responsabilidade
    de abordar a situación. Confronta ao agresor e apoia á vítima. Faille saber que estás aí e axúdaa no que sexa preciso.
  • Ante un posible acoso, escribe sobre a situación e acumula probas. Inclúe
    aspectos como a data, o lugar e os nomes das persoas que poderían ser testemuñas.
  • Comproba se na túa empresa existe protocolo contra o acoso e segue as
    canles que determine.
Coñeces algunha persoa que é ou foi vítima de acoso?
  • Lémbralle que pode acudir tamén ao Centro de Información ás Mulleres de Arzúa ou da súa contorna.
  • Ademais, existe un servizo online para proporcionar de maneira gratuíta información e/ou asesoramento xurídico da Secretaría Xeral de
    Igualdade sobre diversas cuestións, entre elas, o
    acoso sexual na contorna laboral.

Que tipos de violencias machistas
nos podemos atopar?

Consiste en causar ou intentar causar dano á muller, golpeándoa, propinándolle patadas, queimándoa, agarrándoa, beliscándoa, empuxándoa, dándolle lapadas, tirándolle do cabelo, mordéndoa, denegándolle atención médica ou obrigándoa a consumir alcohol ou drogas, así como empregando calquera outro tipo de forza física contra ela. 

Pode incluír danos á propiedade.

Calquera acto de natureza sexual non consentido ou que condicione o libre desenvolvemento da vida sexual en calquera ámbito público ou privado, incluíndo o ámbito dixital.

Consiste en lograr ou intentar conseguir a dependencia financeira doutra persoa, mantendo para iso un control total sobre os seus recursos f inanceiros, impedíndolle acceder a eles ou prohibíndolle traballar ou asistir á escola.

Consiste en provocar medo a través da intimidación; en ameazar con causar dano físico a unha persoa, á súa parella ou ás súas fillas ou f illos, ou con destruír as súas mascotas e bens; en someter a unha persoa a maltrato psicolóxico ou en forzala a illarse das súas amizades, da súa familia, da escola ou do traballo. Pode ter distintas variantes, como a emocional, que consiste en minar a autoestima dunha persoa a través de críticas constantes, en infravalorar as súas capacidades, insultala…

Trátase dunha forma de violencia de xénero que se exerce a través das tecnoloxías dixitais, das redes sociais ou de Internet. 

Entre elas, o ciberacoso é unha das máis características. Supón unha forma de limitación da liberdade que xera dominación e relacións desiguais entre homes e mulleres que teñen ou tiveron unha relación afectiva. 

Supón tamén unha dominación sobre a vítima mediante estratexias humillantes que afectan á privacidade e intimidade, ademais do dano que supón á súa imaxe pública.

Trátase dunha forma de violencia que exercen os agresores contra os seus fillos e fillas co único obxectivo de facer dano ás súas parellas ou exparellas. 

A utilización dos fillos para continuar a violencia que se exerce cara ás exparellas é unha das formas máis extremas de violencia machista. En ocasións, os maltratadores acaban matando os fillos ou as fillas. Trátase dunha violencia estendida e oculta