Concello de Arzúa
Anterior
Siguiente

Recursos fronte as
violencias machistas

Esta sección pretende achegar
información dos recursos existentes en Arzúa e en Galicia
no eido das violencias machistas a calquera persoa ou entidade interesada.

Emerxencias

112

Emerxencias

112

Número único de asistencia ante calquer tipo de emerxencia. Mobiliza e coordina de maneira illada ou en conxunto, os recursos sanitarios, policiais, etc.

091

Policía Nacional

Policía Nacional

Número da Policía Nacional que lle atenderá directamente, as 24 horas do día, os 365 días do ano.

062

Garda Civil

Garda Civil

Número da Garda Civil que lle atenderá directamente, as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Información e asesoramento

016

Teléfono 016

016

Servizo telefónico información, de asesoramento xurídico e de atención psicosocial inmediata por persoal especializado a todas as formas de violencia contra as mulleres.

900 400 273

Teléfono da Muller

900 400 273

Servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día e con cobertura para toda Galicia. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia.

CIM

Centro de Información ás Mulleres

CIM

Son un recurso integral de atención ás mulleres distribuídos por toda Galicia. Estes centros proporcionan, entre outros servizos, asesoramento xurídico e atención psicolóxica. Teléfono CIM Arzúa: 981 501 101

Recursos dirixidos a menores que viven nunha situación de maltrato.

900 20 20 10

ANAR

Fundación ANAR

ONG que axuda a crianzas e adolescentes en risco. Desde 2009 colabora co Ministerio de Igualdade na atención dos casos de violencia de xénero onde hai un menor de idade implicado.

116 111

Teléfono Europeo de Axuda á Infancia

116 111

Servizo para menores que se sintan maltratados, precisen axuda ou queiran falar sobre os problemas que lles afectan. Tamén poden chamar persoas que coñezan unha situación de maltrato que afecte a un menor.

CIM Servicios sociais

Se coñeces algún neno ou nena que vive unha situación de maltrato no seu fogar podes acudir aos Servizos Sociais municipais ou ao Centro de Información ás Mulleres.

Outros recursos

Guía de dereitos para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Guía

Elaborada pola Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero acerca dos dereitos universais e específicos das mulleres vitimas de violencia de xénero
Ver Guía
Guía de recursos fronte á violencia de xénero en Galicia

Guía

Elaborada pola Secretaría Xeral de Igualdade dos recursos galegos existentes dirixidas á asistencia psicolóxica, social, económica, xudicial ou laboral para a asistencia das mulleres vítimas de violencia de xénero.
Ver Guía
Guía de actuación fronte á violencia machista

Guía

Guía do Ministerio de Igualdade con información sobre como actuar ante un caso de violencia machista da túa contorna, así como con recursos para as propias vítimas.
Ver Guía

Que tipos de violencias machistas
nos podemos atopar?

As violencias machistas non só se reducen ás agresións físicas.

Consiste en causar ou intentar causar dano á muller, golpeándoa, propinándolle patadas, queimándoa, agarrándoa, beliscándoa, empuxándoa, dándolle lapadas, tirándolle do cabelo, mordéndoa, denegándolle atención médica ou obrigándoa a consumir alcohol ou drogas, así como empregando calquera outro tipo de forza física contra ela. 

Pode incluír danos á propiedade.

Calquera acto de natureza sexual non consentido ou que condicione o libre desenvolvemento da vida sexual en calquera ámbito público ou privado, incluíndo o ámbito dixital.

Consiste en lograr ou intentar conseguir a dependencia financeira doutra persoa, mantendo para iso un control total sobre os seus recursos f inanceiros, impedíndolle acceder a eles ou prohibíndolle traballar ou asistir á escola.

Consiste en provocar medo a través da intimidación; en ameazar con causar dano físico a unha persoa, á súa parella ou ás súas fillas ou f illos, ou con destruír as súas mascotas e bens; en someter a unha persoa a maltrato psicolóxico ou en forzala a illarse das súas amizades, da súa familia, da escola ou do traballo. Pode ter distintas variantes, como a emocional, que consiste en minar a autoestima dunha persoa a través de críticas constantes, en infravalorar as súas capacidades, insultala…

Trátase dunha forma de violencia de xénero que se exerce a través das tecnoloxías dixitais, das redes sociais ou de Internet. 

Entre elas, o ciberacoso é unha das máis características. Supón unha forma de limitación da liberdade que xera dominación e relacións desiguais entre homes e mulleres que teñen ou tiveron unha relación afectiva. 

Supón tamén unha dominación sobre a vítima mediante estratexias humillantes que afectan á privacidade e intimidade, ademais do dano que supón á súa imaxe pública.

Trátase dunha forma de violencia que exercen os agresores contra os seus fillos e fillas co único obxectivo de facer dano ás súas parellas ou exparellas. 

A utilización dos fillos para continuar a violencia que se exerce cara ás exparellas é unha das formas máis extremas de violencia machista. En ocasións, os maltratadores acaban matando os fillos ou as fillas. Trátase dunha violencia estendida e oculta